19/03/2012

VIDEOCONFERENCIA CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

No Club de lectura limos un libro titulado Lúa do Senegal, que trataba dunha nena senegalesa que vén de Senegal para vivir a Vigo.
Despois, na clase de galego, dixéronnos que íamos falar co autor do libro e elaboramos unhas preguntas para lle facer.
O día de 10 de Marzo tivemos unha videoconferencia con Águstín Fernandez Paz mediante o programa Skype. Tivemos algunhas complicacións técnicas, pero ao final todo saíu ben.
Durante a conversa Agustín contounos que o seu libro iase chamar Cartas do Senegal. Aprendemos moito escoitándoo.
Púxolle unha pipa de fumar á avoa Feriane porque lle quedaba ben.
Tivo que utilizar o Google Earth para coñecer máis do país e a súa xeografía.
Non sabe Wolof pero si escoitou persoas que o cantaban e o falaban.
Quería situar a historia en Vigo porque na cidade hai moitos senegaleses e el ten moita documentación sobre eles e sobre a cidade.
Púxolle Khoedi á nena porque en senegalés significa lúa.
Este libro traduciuse ao castelán e aocatalán.
Os contos que hai polo medio da historia algúns pertencen a Senegal, e outros inventounos e.
Durante a entrevista recomendounos unha película chamada ``Moolaade´´. Tamén nos recomendou outra película que xa viramos: ``Binta e a gran idea´´.
Contounos moitas máis cousas, que xa escoitaredes no video. Foi unha actividade moi interesante e gustounos moito.
¡¡ATENCIÓN!!: UTILIZADE AURICULARES PARA ESCOITAR O VIDEO POIS O SON NON É DE BOA CALIDADE.


Música:"Jammu Africa" de Ismael Lö (Senegal)
Eloy Faúndez, Sheila Bouzas, Diego Gutiérrez, Miriam Baleato.

1 comentario:

  1. foi unha actividade moi divertida!!!
    e ademáis tuvemos a sorte de coñecer a Agustín Fernández Paz

    ResponderEliminar