12 de set. de 2012

BENVIDA

Ola a todo o mundo!
O verán foise voando, xa é hora de comezar de novo.
O novo curso escolar ven cargadiño de novidades: nova etapa, novas materias, novas  leccións e novos xogos, novo profesorado e novos retos que teremos que superar. Sabemos como vos sentides, pero non vos preocupedes, empezade o curso con confianza e entusiasmo porque todo vai ir ben.
Esta é a mensaxe que vos queremos transmitir agora, ao comezo do curso: Todo vai ir ben. E que mellor forma de dicilo que cunha canción. Esta que escribiu Bob Marley e que aquí escoitamos nunha versión cantada por Connie Talbot. Aquí tedes a letra en inglés e en castelán.



Benvidas e benvidos a secundaria e ao noso blogue, no que iremos reflectindo ao longo do curso todo o que aprendamos sobre outras culturas coa intención de crear un mundo de tolerancia e respecto a diferenza.

Clica neste enlace para saber máis sobre o proxecto interdisciplinar no que traballaremos este curso.