15 de out. de 2012

COMPARTIMOS AS NOSAS IDEAS

Qué pensas ti da integración? Qué pensas da inmigración? INTEGRACIÓN INMIGRACIÓN Escribe as ideas que se che ocurran relacionadas con esas palabras. Despois de ver o video faremos un coloquio sobre este tema.

11 de out. de 2012

REFLEXIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN DAS MULLERES NA INDIA

O día seguinte de visitar a exposición, na clase de PRI, comentamos as nosas opinións sobre a exposición fotográcica das mulleres da India. Dixemos o que máis nos gustou, o que nos sorprendeu, o que aprendimos, o que sentimos e o que botamos de menos. Tamén nos puxemos na pel dunha delas. Logo, escribimos todas esas ideas en círculos de cartolina e fixemos un poster entre tod@s. Velaí as nosa valoración.

8 de out. de 2012

MULLERES, A FORZA DO CAMBIO

O día 4 de outubro fomos de excursión a Coruña. Despois de xantar no parque, fomos paseando ata os xardíns Méndez Núñez onde visitamos esta exposición fotográfica da fundación Vicente Ferrer. O chegar, quedamos moi sorprendid@s porque tiñamos diante dos nosos ollos un camión cheo de fotos das mulleres na India e un vídeo que non poidemos ver poque non tivemos tempo. Alí, unha chica fixo unha explicación da exposición e informounos sobre a vida de sete mulleres que reciben axuda da organización VF para mellorar as súas vidas. Aprendimos moitísimas cousas e quedamos con ganas de saber moitas máis. Aquí tenes unhas fotos para que vos fagades unha idea. MULLERES, A FORZA DO CAMBIO NA INDIA on PhotoPeach



Ola a todas e a todos!, somos as vosas compañeiras e os vosos compañeiros de segundo que queremos compartir con vós as nosas impresións sobre a exposición. Esperamos os vosos comentarios, e  xa iremos lendo as vosas entradas.

ÁNIMO...!  e a empezar a facer entradas para o blog, que é moi  divertido e apréndese moito.
Imagen del artículo
Grazas por ler as nosas opinións