18 de mar. de 2013

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º. Consistiu no seguinte: 1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia… 2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida. 3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor. 4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver. Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.

3 de mar. de 2013

O SEXISMO NOS CATÁLOGOS DE XOGUETES

Antes de Nadal fixemos una traballo sobre a publicidade de xoguetes. Trouxemos a clase moitos catálogos de xoguetes de diferentes marcas e botámoslles unha ollada primeiro. Logo, puxémonos as “gafas violetas” e miramos os catálogos polo miudiño, fixándonos en cada detalle. A mestra íanos dicindo no que fixarnos: quen sae na foto, que está facendo, a que xoga, que profesións aparecen... Entre toda a clase, saíron moitísimas ideas, porque quen non vía unha cousa, vía outra. Recortamos as fotos dos catálogos para facer uns cartaces. A verdade é que, ao ata que non chegamos a poñer todas as fotos xuntas, non nos parecía que houbera tanto sexismo nos catálogos dos xoguetes. Quedamos moi sorprendid@s. En outros cursos tamén analizaron catálogos e sacaron as súas conclusións en posters. Aquí abaixo tedes unha presentación que resume algunhas das observacións e conclusións as que chegamos.