18 de abr. de 2013

Animáis representativos dos países deste blog: "Feira das Nacións"

De Marrocos eu quixen saber cousas dos dromedarios:


OS DROMEDARIOS 




Nome científico: Camelus Dromedarius
Nome común: Dromedario
Orde: Artiodáctilos 
Familia: Camélidos
Características:
 Peso: Entre 500 e 700 kg.
Lonxitude: Entre 2’5 e 3 m.
Altura: Entre 1’6 e 2 m.
Lonxevidade: 20 años.
Hábitat: Desertos.
Distribución: Norte de África,Oriente Medio e Península Arábiga.
Costumes: Especie gregaria(que sempre ten as mesmas costumes).
ALIMENTACIÓN :
Herbívora.
REPRODUCCIÓN :
Xestación de 15 meses. Parto 1 cría.
Os dromedarios son usados polo home para obter produtos como  leite, carne, lá e incluso o seu excremento é moi usado como combustible.

Os camelos son mamíferos que teñen dúas  xorobas a diferenza dos dromedarios que só teñen unha. A función das xorobas en ambos é a mesma. Alí almacenan a auga e a enerxía que utilizarán en caso de secas. Cando esta quédase sen reservas vólvese blanca e branda.

                                                                                                       Irea Ríos Casas
   
                                                                                                                               

                                                                                                             
De  España e Portugal eu quixen saber máis do:  Lince Ibérico

O lince ibérico garda gran semellanza con 
outras especies de felinos, tales como o
 gato montes o ou mesmo o puma
Atópanse exclusivamente en zonas moi 
restrinxidas de España e Portugal  tales 
como áreas do bosque mediterráneo con 
abundantes matorrais, nas cales non hai actividade humana En Galicia considérase extinguido desde os anos 1980-85, datas
nas que aínda se cazaba en zonas do este e sur da provincia de Ourense
É o único carnívoro especializado en coellos; tamén é un áxil cazador que vive de maneira solitaria e nómade.
Móstrase  máis sociable na época de celo, que comeza entre xaneiro e febreiro; alcanza a súa madurez sexual ao ano e medio de vida e adoita vivir entre 10 e 15 anos.
Caza á primeira hora da mañá e á última da tarde. Localiza a presa coa vista e o oído. Agóchase entre os matos, achégase coidadosamente á presa e posteriormente arrebólase sobre ela cun chimpo curto e rápido, Adoita vivir de maneira solitaria e nómade e a súa época máis sociable é a do celo,que comprende desde finais de decembro a mediados de febreiro, na que a femia queda preñada.

                                                                                                             Manuel Vázquez Noya                                                    
         

 De China eu escollín o:   OSO PANDA
 



O oso panda ou panda xigante é un vertebrado mamífero en perigo de extinción, tan só hai 1600 vivindo na selva e 188 en catividade. Xeralmente viven en rexións montañosas, como en Sichuan ou no Tíbet. O principal alimento do panda é o bambú (en torno ao 99% da súa dieta), aínda que tamén se alimentan de froitos, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, aínda que poucas veces se lles ve subidos aos árbores, grazas ao seu pelaxe, adáptase as condicións invernais. A pesares de pertencer a orde dos carnívoros, o 99% da súa dieta consiste en vexetais, como o bambú, sementes, pequenos brotes. Anque tamén come pequenos vertebrados como ratos. O seu sistema dixestivo non está adaptado totalmente as moléculas da celulosa, contidas no bambú, por iso necesitan comer 40kg de bambú ao día (dos que 23kg de media son defecacións). Actualmente segundo a axencia de notacións, o panda está en un gran problema de extinción pola deforestación do bambú. A xestación das crías dura aproximadamente 135 días. Normalmente nacen unha ou dúas crías, se se da o segundo caso, a nai só criaría a unha, a que vira con máis posibilidades de sobrevivir. As expectativas da vida de un oso panda son de 12 anos, aínda que o oso panda que se criou en cativerio máis vello foi unha femia chamada Meimei, que morreu aos 36 anos (equivale a 144 anos humanos)


                          Adrian Landeira Pose      

 
A min chamoume a atención o: Guacamaio azul  de Brasil

                                                     

               

Vive nas árbores ocas, palmas e ocos de rochas. Métense nas caixas niño colocadas nas árbores polo home, para a preservación. O número de ovos pode ser de un a tres. A incubación dura uns 30 días. Os xoves  deixan o niño de dous a tres meses de nacidos. Despois permanecen cos seus pais por máis de seis meses, aprendendo a  sobrevivir. Unha vez que se separan dos país únense agrúpaos cos da súa propia especie. Son adultos a idade de sete anos. A alimentación está baseada en sementes grandes, complementada con froitas.

                                                                                                      Laura Mariño Rey    

     En Romanía  hai osos pardos, eu quixen saber cousas da súa vida porque neste momento están en perigo de extinción.      

               OSO PARDO     
Nome: Oso PardoLonxitude: 172 e 284 cm e cola 6 a 22 cm
Peso: 780 kg
Esperanza de vida20 a 25 anos
Alimentación: Eles son omnívoros, alimémtanse deplantas, froitas, insectos, ratos, salmón, troita mamíferos do medio etc.

Características:


O oso é un dos maiores animais. O seu peso varía de acordo coa estación do ano. Isto é porque durante o verán teñen que  comer moito para despois poder  sobrevevir sen problemas durante a hibernación de inverno.
Os osos viven sos, excepto as femias viven cos seus fillosCon todo, se hai unha fonte abundante de alimentosos osos non lle importa reunirse  para comer xuntos. (Os osos viven por toda Europa, Asia, América e Romanía). As femias poden ter crías de 5-7 anos de idade. O fillo do oso é o menor de todos os bebés mamíferos en comparación co peso das súas naisAo naceros fillos pesan preto de 350 gramos. As femias teñen xeralmente entre 2 e 4 fillos.
 Resume características:
*Son vertebrados mamíferos.
*Son sexuais, vivíparos.
*Son onmívoros.
*É placentario, aliménta as crías  através dunha bolsa chamada placenta.

                                                                                            Fabiola González Viqueira 
Eu escollín o  O xaguar  colombiano 


O xaguar e un mamífero que pesa entre 50 e 150 kg . A súa lonxitude é de 1.70 a 2.30 m,  e de altura 1 m. Poden vivir ata 20 anos, habita na xungla e distribúense por América do sur, Centroamericana e non sureste dos Estados Unidos, é unha especie solitaria e territorial, é carnívoro,
En contraste cos outros grandes felinos, o xaguar gruñe pero rara vez roxe.

Posúe hábitos nocturnos, aínda que ten algo de actividade durante o día. Grazas a estudos de radio seguimiento sóubose que adoitan estar activos o 50 a 60% do día (contando as 24 horas); é un excelente cazador.
Ao estar habituado a biomas selváticos con pouca luz (aínda que a súa área de dispersión chegou a abranguer pradarías e estepas), posúe ollos que  lle permiten unha notable visión na escuridade.

Por outra parte, e a diferenza doutros felinos, son excelentes nadadores e están tamén adaptados para a caza de presas acuáticas e subacuáticas dende a superficie; en tales casos, as vibracións dos peixes,  e tartarugas chéganlles nitidamente a través das súas patas e bigotes.                                                                        Daniel.


  GALO de Portugal
Posúen dous tipos de protuberancias na cabeza: unha crista  e uns lóbulos que colgan a ambos os dous lados do pico. O dorso cóbreo unha capa de plumas douradas dende o colo ata as costas.
Os galos e as galiñas  distinguirse ambos os dous a simple vIsta. Os machos son máis grandes, medindo en torno aos 50 cm e
chegando a pesar ata 4 kg Poseen unha gran crista avermellada
na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia.
Dise que os exemplares de galo vermello salvaxes posúen cores máis brillantes que os seus parentes domésticos. A cola está composta por plumas escuras grandes e brillan de cor azul púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas e as patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de espolóns. As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm e apenas chegan a 2 kg de peso.

Conta a lenda que hai tempo, moito tempo atrás, un  peregrino portugués con destino a Santiago de Compostela foi acusado polas autoridades de espía, así que decidiron condenalo á forca. Seguro da súa inocencia, o home pediu que o levasen ante o xuíz, o xuíz preparábase para comer un galo asado cuns amigos, entón o pelegrín afirmou: Si me aforcan e son inocente, o galo cantará . Dito e feito, aforcárono e o galo cantou. Así naceu a lenda dun dos maiores símbolos de Portugal, o Galo de Barcelos.

                                                                                                                   Sergio Arias Garcia


Da India gustoume o : Tigre de bengala    

          

O tigre de bengala, tamén coñecido coma tigre  real ou  tigre indio é una subespecie de tigre que habita na India, Nepal e Baña. A súa pel é xeralmente de cor laranxa ou leonardo,aínda que existe unha mutación xenética que produce que a pel laranxa sexa substituída polo color branco. A estes tigres chámanselles tigres Blancos.Como todos os tigres son solitarios e xeralmente non viven en grupos.
Os machos coidan un territorio onde viven varias femias coas que se aparean.
A esperanza de vida para os tigres de Bengala machos é de entre 10 e 12 anos, mentres que para as femias é un pouco máis larga, sen embargo, os exemplares en cautividade poden chegar a vivir hasta 26 anos.                                   
                                                                                                                 José Barreiro Hernández

                                                                                                       
De Galicia eu escollín o:   raposo
                      
                            

A maioría dos raposos viven entre 5 a 7 anos en liberdade. Son os máis pequenos da familia.
Os raposos non soen estar en manadas. Son solitarios e cazan as súas presas para alimentarse.
Soen cazar (especialmente roedores), empregando unha técnica de salto.                         
María Carballeiro Casas    



A vaca na India



Na India as vacas son seres sagrados aos que se lles renden homenaxes. No seu momento a súa relixión estableceu que estaba  prohibido comelas; a razón era porque xa morría moita xente de fame e frío e si se comían as vacas a situación empeoraría,  porque daban alimento, (leite) e combustible (dos excrementos) .
Por iso, na India é común ver as vacas deambular polas cidades ou como parte da familia dos agricultores. Adórnanas con grilandas e borlas, rézaselles se se enferman, cando nace un becerro reúnense os veciños e os donos para festexalo, e así mesmo tráese a un sacerdote para que anime a celebración. Non obstante á primeira vista as vacas parecen ser inútiles, desnutridas e enfermas. Vagan libremente entorpecendo o tráfico nas cidades.

                                                                                                              Iván Rodriguez Paredes