20 de dec. de 2013

FELICES FESTAS

Aquí tedes unha pequena mostra do acto desta mañana. Que magoa que non teñamos o son orixinal para escoitar a percusión corporal e a canción homenaxe a Nelson Mandela do alumnado de 4º. Noraboa a todo o mundo pola participación en concursos, proxectos e polo traballo deste trimestre. Felices festas! E debaixo vedes a foto de Adrián Brea que gañou no II concurso de fotografía de cogomelos. Noraboa, Adri!

15 de dec. de 2013

NELSON MANDELA

Despois de 10 días de homenaxe, Nelson Mandela recibiu sepultura hoxe. 4500 persoas asistiron ao funeral do que foi considerado o pai de África. Nelson Mandela foi o líder da loita contra o Aparheid, o que o levou ao cárcere durante 27 anos. Máis tarde foi o primeiro presidente negro do seu pais, Sudáfrica, e premio Nobel da paz. Convertiuse en símbolo internacional de dignidad e tolerancia.

12 de dec. de 2013

MÓVETE PARA CAMBIAR O MUNDO

Nós tamén podemos aportar o noso grao de area para cambiar o mundo. Como di o escritor uruguayo Eduardo Galeano:
"Son cosas chiquitas. No acaban con la pobreza, no nos sacan del subdesarrollo, no socializan los medios de producción y de cambio, no expropian las cuevas de Alí Babá. Pero quizá desencadenen la alegría de hacer, y la traduzcan en actos. Y al fin y al cabo, actuar sobre la realidad y cambiarla, aunque sea un poquito, es la única manera de probar que la realidad es transformable."
 Eduardo Galeano

XÉNERO E OBXECTIVOS DO MILENIO

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) son o marco de referencia para mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos países en vías de desenvolvemento. O prazo para cumplilos remata no ano 2015, o que implica un esforzo por parte de todos para que a súa consecución sexa unha realidade. O cumplimento destes obsetivos pasa por acadar a igualdade real entre homes e mulleres. É dicir, sen a igualdade de xénero, a consecución destas 8 metas é realmente compricada porque:
• Para erradicar a fame e a pobreza, hai que contar co traballo que fai a muller. Este traballo non se recoñece a nivel formal, xa que moitas delas non perciben ningún salario pola súa laboura; sen embargo, a súa laboura é esencial coma motor de calquera economía.
• Se garantimos o acceso á educación das mulleres e nenas, estaremos a invertir nun mellor futuro para a sociedade. Só a través da educación, as nenas e as mulleres terán a liberdade de decidir nas súas vidas e, sobre todo, a posibilidade de participar na toma de decisións da súa comunidade, o que revertirá de forma positiva no desenvolvemento da mesma. • A erradicación da mortandade infantil pasa porque as nais teñan acceso a información e, sobre todo, poidan decidir qué facer cos seus fillos. Está demostrado que a educación da nai resulta determinante para a supervivencia do neno. • Dentro da mellora da saúde materna, sabemos que as mortes maternas tenden a aumentar entre as mulleres que sofren discriminación por xénero. Esa discriminación provoca que, en ocasións, a muller non poida decidir sobre a súa propia saúde (teñen que pedir permiso ao marido para ir ó médico), que sexa vítima da violencia de xénero, que a sometan a certas prácticas que poñen en risco a súa saúde durante o embarazo(coma por exemplo, a mutilación xenital feminina), etc. • Se lle damos á muller información sobre o VIH/SIDA(só o 20% das mulleres dos países en vías de desenvolvemento ten un coñecemento correcto sobre o VIH/SIDA) e poder de decisión sobre a súa propia saúde, disminuirían de forma considerable os casos de infección. • Garantir a sostenibilidade medioambiental é outro dos retos establecidos para o 2015, xa que as mulleres e os nenos seguen sendo os máis afectados polos fenómenos metereolóxicos orixinados polo cambio climático. • É necesario incrementar a presenza das mulleres nos organismos internacionais, para traballar a igualdade de xénero e a alianza mundial para o desenvolvemento.
Información tomada de :mundo Cooperante.org

PISTAS PARA VER A DESIGUALDADE

A desigualdade entre homes e mulleres dase en todos os países do mundo, sin excepción, só hai que comprobar as situacións que viven cada día millóns de nenas e mulleres no mundo, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.
Algunhas situacións que, a nivel xeral, dan pistas de esta desigualdade son:
 • A pobreza ten rostro de muller: el 70% das personas que viven con menos de 1 dólar ao día no mundo son mulleres.
 • No aspecto económico, “as mulleres realizan o 66% do traballo no mundo, producen o 50% dos alimentos, pero ganan un 10% dos ingresos e poseen só o 1% da propiedade.
 • No ámbito político, só o 16% dos parlamentarios do mundo son mulleres.
 • Se falamos de educación, dos tercios dos menores que non asisten á escola son nenas.
 • A violencia contra a muller dase en todos os países e en numerosos contextos: o maltrato físico e psicológico da violencia de xénero, a trata de personas, a explotación sexual, a violación y o secuestro como arma de guerra, etc.
 O cumplimento destes obxectivos pasa por conseguir igualdade real entre homes e mulleres. É dicir, sen a igualdade de xénero, a consecución destas 8 metas é realmente complicada.
 Clica aquí é averiguarás por qué. Información e video de Mundo Cooperante. www.desafiosdelmilenio.org

A VIDA DO IRMÁN DE KRISHNA

Mundo Cooperante proponos un percorrido por esa desigualdade que impide a nenas e mulleres o acceso aos servicios mái básicos e que vulnera día a día os seus dereitos máis fundamentales. Ademáis, invítannos a coñecer a importancia que teñe a muller no desenvolvemento das súas comunidades e a necesidade de contar con ese 50% da poboación que, en demasiadas ocasións permanece invisible. www.desafiosdelmilenio.org

MOOLAADÉ: REFLEXIÓNS

10 de dec. de 2013

OBXECTIVOS DO MILENIO


A escasez de igualdade de oportunidades e a desigualdade de xénero son situacións que se dan en todos os países; a pobreza, a exclusión e a marxinalidade son as súas causas máis visibles. A pesar de todo, é nos países en vías de desenvolvemento onde esta desigualdade é máis notoria e onde faise  necesariofacer máis  esforzo para conseguir a consecución dos dereitos máis fundamentais do ser humano.

Dende diversos organismos internacionais e institucións locais estanse poñendo en marcha numerosas accións, que pretenden fomentar esa igualdade de dereitos entre todos os habitantes do planeta. Unha das máis importantes, polo compromiso que implica de todos os Estados que firmaron, é a Declaración do Milenio (ano 2000), na que se propoñen oito metas a conseguir no 2015 para reducir esta desigualdade: los oito Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio.




MAPA DA DESIGUALDADE

1 Sierra Leona: A esperanza de vida das muleres é a máis baixa do mundo. 2 Yemen: O 48% das mulleres deste país cásase antes de cumplir os 18 años. 3 Nepal: Cando unha muller contrae matrimonio, perde a súa herencia. 4 Irán: A lapidación por adulterio segue siendo un castigo aplicado as mulleres. 5 Arabia Saudí: Las mujeres han logrado el derecho al voto en el 2011. 6 Nixeria: O código penal permite a violencia física para regañar as súas mulleres, sempre que non cause un “daño grave”, como pérdida de audición, de visión, desfiguración facial u outras feridas que a poñan en perigo de morte. 7 India: A violación dentro do matrimonio non se considera delito. 8 Níger: O risgo de mortalidade materna é de 1 cada 7 mulleres que poden morer por causas derivadas do embarazo ou o parto. 9 Exipto: É o país con maior incidencia de Mutilación Xenital Femenina (96%).

A VIDA DE KAREN

A DESIGUALDADE: UNHA CUESTIÓN DE XÉNERO.

Hai que saber que sexo non é o mesmo que xénero. O sexo refírese ás diferencias biolóxicas entre homes e mulleres e, o xénero  refírese aos rasgos que cada sociedade asigna a homes e mulleres, é dicir, o papel que desempeña cada un na sociedade.

En ningunha sociedade as mulleres disfrutan das mesmas oportunidades que os homes. Por tanto, vemos que a desigualdade entre homes e mulleres dase en todo omundo, pero é certo que é máis grave nos países en desarrollo.



DESIGUALDADE SOCIAL

A desigualdade social refírese ao diferente acceso que teñen as persoas aos recursos. Por recursos entendemos algúns como os recursos sanitarios, os educativos o as infraestructuras. A desigualdade provoca que, por exemplo, millóns de persoas vivan no mundo sen acceso a unha fonte de agua potable. Existe un indicador para medir o desarrollo dos países que se llama índice de desarrollo humano (IDH). Este indicador cálculase a través de tres variables: a esperanza de vida, como indicador dunha vida longa e saudable; a educación da poboación; e o nivel económico da poboación. Permítenos ver as diferencias e/o desigualdades existentes entre os países.
No año 2000, desde Naciones Unidas se puso en marcha unha iniciativa denominada os “Obxectivos de Desarrollo do Milenio”, que intenta mellorar a vida de millóns de persoas nos países en vías de desenvolvemento. Púxeronse como data para conseguir reducir a desigualdade o ano 2015. Pensades que o lograremos? Los objetivos son 8 y luchan para: 1.- Terminar coa pobreza 2.- Mellorar a saúde materna 3.- Promover a educación universal 4.- Combatir o VIH/SIDA e outras enfermidades 5.- Traballar pola igualdade de xénero 6.- Garantir a sostenibilidade do medio ambiente 7.- Reducir a mortalidade infantil 8.- Fomentar unha alianza mundial para o desarrollo.

4 de dec. de 2013

INSTRUMENTOS MUSICAIS DO MUNDO

Aproveitando a exposición dos instrumentos musicais do mundo, o alumnado de 4º de Música _Alba, Brais, Esteban, Iria, Margarita e Martín_ encargouse de clasificalos e crear unhas presentacións coa información básica. Uns foron moito máis doados ca outros; esperamos que lles saquedes proveito.