18 de dec. de 2014

GALA SOLIDARIA DOS XEITOSOS DE TRAZO


Para conmemorar o 35 aniversario da súa asociación cultural, o grupo "Os xeitosos de Trazo" celebrou o pasado sábado 13 de decembro unha gala solidaria na que recolleron alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago.

Lucas, Tomás e Carlos, de secundaria, e moitas xeitosiñas e xeitosiños de primaria participaron nesta gala, amosando así que a tradición continúa e que a canteira da asociación está asegurada.
Esa tarde respirábase un ambiente moi íntimo, cheo de sorpresas e discursos emotivos. Para algunhas persoas, lembranzas de anos e para outras foi un momento de descubrimentos. Para tod@s unha gran ledicia e ilusión compartidas.
Preguntámoslle a Lucas como xurdiu a idea de facer unha gala solidaria, e isto é a resposta que nos remitiu:

- Como xurdiu a idea de facer unha gala benéfica?
- A idea de facer unha gala benéfica foi xuntando dúas ideas: Primeiro, pensárase e falárase de facer algo para axudar, pero aí quedou a cousa. E despois, preparando a gala para celebrar o 35 aniversario, volveu a xurdir a idea de facer algo solidario. Unha persoa das que organizaban (xa que todo isto era ás costas de Moncho, o presidente da asociación) propuxo facer unha recollida de xoguetes. A idea gustou moito, pero decidiron facer a recollida de alimentos porque pareceu que sería máis doada a participación da xente. Despois, puxéronse en contacto cós Servizos Sociais do concello para ter orientación e información e para saber se algunha familia do concello precisaba axuda. Respondéronlles que as necesidades deste tipo están cubertas pola Cruz Vermella e orientáronnos cara o Banco de Alimentos de Santiago, que teñen moitísimas familias sen recursos.

- A experiencia foi boa?
- Posto que todo isto o escribo coa axuda do que máis traballou do grupo, cóntovos o que el me dixo: "Para min foi unha experiencia boísima e creo que para todos foi unha gala que non esqueceremos en moito tempo. Eu por min repetía".


Os Xeitosos din humildemente que “querían darlle unha sorpresa a Moncho”, pero poderían telo feito de moitos xeitos diferentes e elixiron facer unha recollida de alimentos. Isto di moito da súa sensibilidade e compromiso tanto social como cultural.

Aplaudimos a solidariedade d@s Xeitos@s e desexamos que a esta primeira gala lle sigan máis iniciativas solidarias e que continúen alegrándonos coa súa música.

15 de dec. de 2014

AS FRASES MÁIS APLAUDIDAS

Hoxe grabamos na clase as frases máis aplaudidas por nós do documental Lalia. Estabamos nervios@s e non dixemos nin a metade do que escribíramos o outro día. Eso si, foi todo improvisado, non ensaiamos nada. :)

12 de dec. de 2014

A VOZ DE GALICIA INFORMA

Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.

dEsIgUAldAdEs: obradoiro sobre Obxectivos do Milenio

Aquí tedes n video-resumo do obrfadoiro sobre desigualdades que realizamos en novembro.

11 de dec. de 2014

ONU, OMS e Obxectivos do milenio

O día 13 de outubro o alumnado de 1º ESO iniciamos unha serie de sesións na biblioteca para investigar sobre a ONU e outros organismos internacionais.
Aprendimos tamén a manexar diferente bibliografía, así soubemos que os apéndices das enciclopedias son suplementos que se sacan cada dous anos para actualizalas.
Fixemos tres grupos de cinco persoas, buscamos e sintetizamos a información e ecollímola primeiro na libreta.
Aquí vos presentamos un powr-point sobre o tema.

LA VOZ DE GALICIA INFORMA

Esta vez saímos en "La Voz de la Escuela" deste mércores 10 de decembro polo obradoiro que realizamos sobre obxectivos do milenio.
Aquí tedes a noticia.

7 de dec. de 2014

DIWALI: O FESTIVAL DAS LUCES DE INDIA

Aquí tedes a presentación de Alba e Eloy sobre esta festa que é como aquí a de Ano Novo. Leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon esta presentación oral que veredes a continuación.

4 de dec. de 2014

O TEU NOME EN CHINÉS ESTE NADAL

E porqué non regalarlle a alguén o seu nome en chino este nadal?
Visita esta páxina e poderás escribir calquera nome con caligrafía chinesa. Logo podes imprimilo, colorealo e pegalo nunha postal feita por ti ou imprimir unha camiseta como regalo de nadal.
Tamén podes crear unha pintura chinesa tradicional personalizada con a caligrafía do teu nome chinés.
Aquí tes unha mostra:

DIWALI. O FESTIVAL DAS LUCES DA INDIA



My favourite day: Diwali

2 de dec. de 2014

SAÍMOS NA PRENSA

Onte 1 de Decembro saímos no Correo Galego pola nosa participación no proxecto "O Mundo que Queremos".
Aquí tedes a noticia.
Soño con que un día, non moi lonxano, a linguaxe tamén teña cambiado e onde di "Os alumnos" podamos ler "O alumnado" e onde di "os profesores" vexamos "o profesorado".

El Correo gallego, edición dixital

1 de dec. de 2014

GRAZAS POR SER SOLIDARI@

A semana pasada viñeron da ONG a recoller os alimentos que donamos. Foi unha gran campaña e queremos agradecer a todo o mundo a súa participación, tamén a todas aquelas persoas que fixeron a entrega na biblioteca do concello.